A semana pasada volvemos a quedar as dúas para seguir avanzando co traballo, que cada vez ten mellor forma e ímosnos aclarando con todas as ideas que tiñamos pensadas. Aínda que houbo cousas que tivemos que suprimir ou prescindir delas, imos aprendendo cousas novas para engadirlle a este "xogo", no power point, que sexan o máis divertidas posibles e levadeiras para a alumna/o que o vaia utilizar.
O que fixemos desta vez, foi concretar máis claramente as actividades que íamos a engadir e pensamos todas as maneiras posíbeis de facelo, baraxando varias posibilidades (cando as había) e decidíndonos polas máis adecuadas na nosa opinión.
Decidimos crear diferentes apartados, xa que nos estamos centrando na antiga Grecia e na antiga Roma, nos diferentes ámbitos que estas civilizacións abarcan, como son por exemplo os entretementos, etc. Os apartados finais que imos levar a cabo son:
-Arte: escultura, arquitectura, pintura, cerámica...
-Mitoloxía e Relixión: centrámosnos nos aspectos máis xerais e máis importantes ou coñecidos.
-Aritmética: neste apartado abarcamos os números romanos e o alfaeto grego utilizado nas matemáticas.
-Social: incluimos aquí os entretementos máis salientables, con actividades para que a alumna/o xogue.
-Expresións latinas utilizadas na actualidade.
Pronto vos seguiremos contando o traballo levado a cabo esta semana, xa que imos avanzando rápido, e estes días seguimos dándolle forma a este proxecto.
Un saúdo, estade atentos á seguinte entrada!
No hay comentarios:
Publicar un comentario