martes, 5 de mayo de 2015

Últimos arreglos

Hoxe tivemos a hora e media da interactiva libre para poder probar a presentación co proxector e para seguir traballando na aula.
Como nos faltan poucas cousas por rematar, fomos acabando "flecos" soltos que nos foron quedando, como algunhas imaxes que faltaban por engadir, ou rematar co deseño da presentación que fixemos en Prezi cos contidos de Historia da Arte. Cando a rematamos, incluímola xa na presentación de PowerPoint cun hipervínculo e comprobamos que tamén funcionase no outro ordenador.
Despois de rematar estes aspectos finais, rematamos tamén a guía didáctica, xa que nos faltaban algúns puntos por concretar, como as competencias básicas ou as valoracións. Estivemos poñendo as nosas ideas en común, e tamén decidimos rematar este proxecto cunha especie de debate ó final de todo para que as alumnas e alumnos reflexionen sobre algúns aspectos, como a importancia da utilización do Power Point. Cremos que esta actividade funcionará moi positivamente cas alumnas e alumnos, xa que é unha forma máis orixinal de aprender a Historia sen ser nun libro de texto. Faremos diferentes preguntas neste debate ou cuestionario que seguimos pensando, intentando ser o máis concretas posibles.
Costounos un pouco facer as valoracións finais, as observacións e as opinións dos alumnos/as, xa que a actividade aínda non foi levada a cabo e non contamos con inconvenientes posibles, porque non sabemos como serán as instalacións de cada centro nin como reaccionarán as alumnas/os con respecto desta nova forma de aprender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario