jueves, 9 de abril de 2015

Comezamos co deseño!

Boas! Hoxe pola mañá comezamos a deseñar a nosa actividade. Como xa estaba a nosa personaxe (Hércules) creada, decidimos incluíla xa nunha diapositiva, xa que utilizamos Power Point para o noso traballo. Hoxe, creamos as dúas primeiras diapositivas, e incorporamos xa algúns dos recursos que aprendemos a utilizar nas clases CLIL, como un hipervínculo, insertar unha imaxe en movemento ou unha diapositiva con audio.
Puxemos tamén en común a información que buscara cada unha, ocupándose Clara de Grecia e eu, Carla, de Roma. Acordamos as seguintes tarefas a levar a cabo para na fin de semana seguir traballando, e poder incorporar todas as nosas ideas á presentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario