martes, 14 de abril de 2015

Seguimos avanzando:

Boa tarde! Hoxe quedamos pola tarde para seguir co noso traballo.
Encargámosnos de buscar fotografías por Internet sobre o imperio romano para engadilas á nosa presentación. Fixemos tamén unha liña temporal que axudará á alumna/o a situarse na historia, e poder así comprender mellor as etapas da historia. Aínda que o noso traballo está máis centrado en Grecia e Roma, hoxe o tema principal foi Roma, xa que cremos que abarca máis contidos dados na primaria e nos ía levar máis tempo.
Pensamos en actividades para a materia de historia, pero tamén se nos ocurriron exercicios para a aritmética, por exemplo, utilizando os números romanos.
Creamos a liña temporal no propio PowerPoint, engadíndolle unha foto a cada etapa para que as nenas e nenos as relacionen mellor (con debuxos animados, etc.), e engadimos tamén algúns sons nas diapositivas. Pensamos tamén en poñerlle voz ó noso "guía turístico no tempo" Hércules, para ir indicándolles ós alumnos/as onde teñen que ir premendo e ir avanzando polo "xogo".
Despois, rematada xa a liña temporal, pasamos a falar sobre os espectáculos da antiga Roma, cun exemplo coñecido como son as carreiras de carros,así que decidimos facer como unha recreación destas carreiras. Aquí tamén añadimos sons, como aprendimos na mesma clase interactiva de hoxe pola mañá.
Para finalizar, acordamos seguir pensando en ideas para incluír neste proxecto, que sexan orixinais e divertidas pero que ao mesmo tempo servan para que a nena ou o neno aprendan.
Pronto volveremos a informarvos de como imos avanzando paso a paso, con ideas novas cada día.

Ata a próxima!

No hay comentarios:

Publicar un comentario