UNHA VIAXE NO TEMPO
Blog dedicado al almacenamiento de los progresos realizados en la actividad 3.1., la cual desarrolla una temática histórica.
viernes, 8 de mayo de 2015
miércoles, 6 de mayo de 2015
Avaliación final.
Para crear os cuestionarios de avaliación final e de opinión dos alumnos seguimos o seguinte proceso.
En primeiro lugar, accedemos a Google Drive, dentro do cal creamos un formulario de Google.
Unha vez dentro deste, a realización do formulario é sinxela: escribimos o título do cuestionario e as diversas preguntas. Nós eleximos dúas clases de cuestionarios: o tipo test e o cuestionario de texto, que permite escribir unha resposta propia.
Tras facer esto, tivemos que crear unha nova entrada no blog e incrustar o cuestionario, copiando directamente da ferramenta do formulario o código de inserción HTML que ofrece.
Cremos que esta ferramenta pode ser muy útil, xa que os resultados dos cuestionarios envíanse automaticamente ao correo do seu creador, neste caso nos, de modo que é un bó método de avaliación.
martes, 5 de mayo de 2015
Últimos arreglos
Hoxe tivemos a hora e media da interactiva libre para poder probar a presentación co proxector e para seguir traballando na aula.
Como nos faltan poucas cousas por rematar, fomos acabando "flecos" soltos que nos foron quedando, como algunhas imaxes que faltaban por engadir, ou rematar co deseño da presentación que fixemos en Prezi cos contidos de Historia da Arte. Cando a rematamos, incluímola xa na presentación de PowerPoint cun hipervínculo e comprobamos que tamén funcionase no outro ordenador.
Despois de rematar estes aspectos finais, rematamos tamén a guía didáctica, xa que nos faltaban algúns puntos por concretar, como as competencias básicas ou as valoracións. Estivemos poñendo as nosas ideas en común, e tamén decidimos rematar este proxecto cunha especie de debate ó final de todo para que as alumnas e alumnos reflexionen sobre algúns aspectos, como a importancia da utilización do Power Point. Cremos que esta actividade funcionará moi positivamente cas alumnas e alumnos, xa que é unha forma máis orixinal de aprender a Historia sen ser nun libro de texto. Faremos diferentes preguntas neste debate ou cuestionario que seguimos pensando, intentando ser o máis concretas posibles.
Costounos un pouco facer as valoracións finais, as observacións e as opinións dos alumnos/as, xa que a actividade aínda non foi levada a cabo e non contamos con inconvenientes posibles, porque non sabemos como serán as instalacións de cada centro nin como reaccionarán as alumnas/os con respecto desta nova forma de aprender.

miércoles, 29 de abril de 2015
Novas ideas no noso traballo:
A semana pasada volvemos a quedar as dúas para seguir avanzando co traballo, que cada vez ten mellor forma e ímosnos aclarando con todas as ideas que tiñamos pensadas. Aínda que houbo cousas que tivemos que suprimir ou prescindir delas, imos aprendendo cousas novas para engadirlle a este "xogo", no power point, que sexan o máis divertidas posibles e levadeiras para a alumna/o que o vaia utilizar.
O que fixemos desta vez, foi concretar máis claramente as actividades que íamos a engadir e pensamos todas as maneiras posíbeis de facelo, baraxando varias posibilidades (cando as había) e decidíndonos polas máis adecuadas na nosa opinión.
Decidimos crear diferentes apartados, xa que nos estamos centrando na antiga Grecia e na antiga Roma, nos diferentes ámbitos que estas civilizacións abarcan, como son por exemplo os entretementos, etc. Os apartados finais que imos levar a cabo son:
-Arte: escultura, arquitectura, pintura, cerámica...
-Mitoloxía e Relixión: centrámosnos nos aspectos máis xerais e máis importantes ou coñecidos.
-Aritmética: neste apartado abarcamos os números romanos e o alfaeto grego utilizado nas matemáticas.
-Social: incluimos aquí os entretementos máis salientables, con actividades para que a alumna/o xogue.
-Expresións latinas utilizadas na actualidade.
Pronto vos seguiremos contando o traballo levado a cabo esta semana, xa que imos avanzando rápido, e estes días seguimos dándolle forma a este proxecto.
Un saúdo, estade atentos á seguinte entrada!

martes, 14 de abril de 2015
Seguimos avanzando:
Boa tarde! Hoxe quedamos pola tarde para seguir co noso traballo.
Encargámosnos de buscar fotografías por Internet sobre o imperio romano
para engadilas á nosa presentación. Fixemos tamén unha liña temporal que
axudará á alumna/o a situarse na historia, e poder así comprender mellor as
etapas da historia. Aínda que o noso traballo está máis centrado en Grecia e
Roma, hoxe o tema principal foi Roma, xa que cremos que abarca máis contidos dados na
primaria e nos ía levar máis tempo.
Pensamos en actividades para a materia de historia, pero tamén se nos
ocurriron exercicios para a aritmética, por exemplo, utilizando os números
romanos.
Creamos a liña temporal no propio PowerPoint, engadíndolle unha foto a
cada etapa para que as nenas e nenos as relacionen mellor (con debuxos
animados, etc.), e engadimos tamén algúns sons nas diapositivas. Pensamos tamén
en poñerlle voz ó noso "guía turístico no tempo" Hércules, para ir
indicándolles ós alumnos/as onde teñen que ir premendo e ir avanzando polo "xogo".
Despois, rematada xa a liña temporal, pasamos a falar sobre os
espectáculos da antiga Roma, cun exemplo coñecido como son as carreiras de
carros,así que decidimos facer como unha recreación destas carreiras. Aquí
tamén añadimos sons, como aprendimos na mesma clase interactiva de hoxe pola
mañá.
Para finalizar, acordamos seguir pensando en ideas para incluír neste
proxecto, que sexan orixinais e divertidas pero que ao mesmo tempo servan para
que a nena ou o neno aprendan.
Pronto volveremos a informarvos de como imos avanzando paso a paso, con
ideas novas cada día.
Ata a próxima!
jueves, 9 de abril de 2015
Comezamos co deseño!
Boas! Hoxe pola mañá comezamos a deseñar a nosa actividade. Como xa estaba a nosa personaxe (Hércules) creada, decidimos incluíla xa nunha diapositiva, xa que utilizamos Power Point para o noso traballo. Hoxe, creamos as dúas primeiras diapositivas, e incorporamos xa algúns dos recursos que aprendemos a utilizar nas clases CLIL, como un hipervínculo, insertar unha imaxe en movemento ou unha diapositiva con audio.
Puxemos tamén en común a información que buscara cada unha, ocupándose Clara de Grecia e eu, Carla, de Roma. Acordamos as seguintes tarefas a levar a cabo para na fin de semana seguir traballando, e poder incorporar todas as nosas ideas á presentación.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)