Blog dedicado al almacenamiento de los progresos realizados en la actividad 3.1., la cual desarrolla una temática histórica.
viernes, 8 de mayo de 2015
miércoles, 6 de mayo de 2015
Avaliación final.
Para crear os cuestionarios de avaliación final e de opinión dos alumnos seguimos o seguinte proceso.
En primeiro lugar, accedemos a Google Drive, dentro do cal creamos un formulario de Google.
Unha vez dentro deste, a realización do formulario é sinxela: escribimos o título do cuestionario e as diversas preguntas. Nós eleximos dúas clases de cuestionarios: o tipo test e o cuestionario de texto, que permite escribir unha resposta propia.
Tras facer esto, tivemos que crear unha nova entrada no blog e incrustar o cuestionario, copiando directamente da ferramenta do formulario o código de inserción HTML que ofrece.
Cremos que esta ferramenta pode ser muy útil, xa que os resultados dos cuestionarios envíanse automaticamente ao correo do seu creador, neste caso nos, de modo que é un bó método de avaliación.
martes, 5 de mayo de 2015
Últimos arreglos
Hoxe tivemos a hora e media da interactiva libre para poder probar a presentación co proxector e para seguir traballando na aula.
Como nos faltan poucas cousas por rematar, fomos acabando "flecos" soltos que nos foron quedando, como algunhas imaxes que faltaban por engadir, ou rematar co deseño da presentación que fixemos en Prezi cos contidos de Historia da Arte. Cando a rematamos, incluímola xa na presentación de PowerPoint cun hipervínculo e comprobamos que tamén funcionase no outro ordenador.
Despois de rematar estes aspectos finais, rematamos tamén a guía didáctica, xa que nos faltaban algúns puntos por concretar, como as competencias básicas ou as valoracións. Estivemos poñendo as nosas ideas en común, e tamén decidimos rematar este proxecto cunha especie de debate ó final de todo para que as alumnas e alumnos reflexionen sobre algúns aspectos, como a importancia da utilización do Power Point. Cremos que esta actividade funcionará moi positivamente cas alumnas e alumnos, xa que é unha forma máis orixinal de aprender a Historia sen ser nun libro de texto. Faremos diferentes preguntas neste debate ou cuestionario que seguimos pensando, intentando ser o máis concretas posibles.
Costounos un pouco facer as valoracións finais, as observacións e as opinións dos alumnos/as, xa que a actividade aínda non foi levada a cabo e non contamos con inconvenientes posibles, porque non sabemos como serán as instalacións de cada centro nin como reaccionarán as alumnas/os con respecto desta nova forma de aprender.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)